Nesta mesmo escrito os nacionalistas de Viveiro instan ao goberno municipal a esixirlle á administración autónomica máxima celeridade na execución das obras de substitución do tramo do emisario submarino roto e de mellora na EDAR de Viveiro, xa que transcurridos dez meses, un tercio do prazo establecido para o remate de todas as actuacións previstas no convenio asinado entre Xunta e Concello, a veciñanza de Celeiro segue á espera das obras prometidas, segundo lles confirmou Eduardo Míguez, director adxunto de Porto de Celeiro, S.A., entidade que ven denunciando desde hai anos a rotura do emisario á altura das súas instalacións en Celeiro, nunha xuntanza mantida con membros do BNG de Viveiro e durante a cal lles trasladou a súa preocupación, tanto polo perigo que supón a rotura do emisario para as embarcacións que entran no peirao, como polos vertidos de residuos na zona, como polo sobrecusto tamén que lles sup¬¬¬ón o filtrado da auga e os controis específicos que realizan para garantir ao 100% a calidade dos seus produtos.
Desde o Bloque Nacionalista Galego entendemos que a veciñanza de Viveiro está a pagar na factura do recibo da auga uns tributos (canon de saneamento e depuración de augas residuais) por uns servizos que a administración non está a atender axeitadamente, así como cremos que Portos de Celeiro,S.A., que xa ingresa uns 840.000 € anuais (un promedio de 70.000 €/mes) ao ente público adscrito á Consellería do Mar, Portos de Galicia, pola súa actividade en concepto de tarifa X-4 (1,75% das vendas en lonxa), está a soportar a maiores uns gastos alleos aos propios da súa actividade empresarial que non lle corresponde asumir e que poden repercutir negativamente na xeración de postos de traballo da entidade.
A formación nacionalista cre que o goberno municipal debería esixirlle á Xunta o desenvolvemento dun Plan de Saneamento Integral da Ría de Viveiro para lograr a recuperación dos bancos marisqueiros da ría e o incremento da súa produción, o que permintiría as/aos mariscadores/as exercer unha actividade marisqueira de calidade e con total garantía, ao mesmo tempo que a eliminación de vertidos de residuos rebaixaría a mínimos a contaminación das augas da nosa costa conseguindo que @s veciñ@s de viveiro e aos seus visitantes se beneficiaran dunha contorna e dunhas praias de calidade de primeiro nível.