O horario de verán (dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto) do Castelo do Castrodouro e por tanto da Oficina de Turismo, será o seguinte: Luns a venres: de 17:00 a 21:00. Festivos e fins de semana: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.
Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle unha exposición de fotografía sobre a Mariña Lucense do autor Cristian Carabalí, a sala museo das zocas de Alberto Geada e nos vindeiros días unha exposición sobre traxes medievais de Reme Espantoso.