A Asociación Cultural O Pasatempo en colaboración coa Asociación As San Lucas, celebra este venres 23 o tradicional Foleón de San Xoán na Alameda dos Remedios de Mondoñedo. Desde as 17h coa xuntanza dos nenos para facer o foleón, comeza unha xornada festiva que se completa con hinchabes gratis desde as 19h e que ten o punto máis álxido a partires das 23h co encendido do Foleón e coa verbena amenizada polo Dúo Epo-k e pola orquestra Costa Oeste, que presenta o tour 2017 “A lo loco”.
Disporase de carpas para quen desexe cear alí, pero deberán levar as súas sillas, mesas e cea.