Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo, 25 de xuño, concluirá a peregrinación por etapas a Santiago, que durante varias fins de semana realizaron uns 40 veciños e veciñas de Barreiros a través do Camiño Francés

210617 Foto peregrinación a Santiago (Barreiros)Nesa xornada, para facer os catro quilómetros que separan o Monte do Gozo da Catedral, estarán acompañados por outros 40 amigos e familiares. Todos farán ese treito, visitarán a Catedral e abrazarán ao Apóstol Santiago. O Concello barreirense pon un autobús para que esta expedición poida estar a carón dos camiñantes, que o pasado sábado fixeron o treito comprendido entre Santa Irene e o Monte do Gozo. “Foi unha etapa dura, porque a xornada foi moi calurosa”, relatou o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, quen anima á xente a viaxar a Santiago o 25 de xuño: “aínda queda algunha praza libre. Os interesados en acudir poden chamar ao 618 75 25 60”.

Exit mobile version