Foron clausurados cun xantar. Os maiores, acompañados do alcalde, Alfonso Fuente, gozaron dunha comida e ao seu remate recibiron os diplomas de asistencia correspondentes ao curso 2016/17. Os talleres de memoria desenvolvéronse de outubro a xuño, de luns a xoves en horario de catro a seis da tarde.