Os asistentes fixeron balance das 11 mobilidades formativas que tiveron lugar este curso en países como Finlandia, Alemaña, Austria, Estonia, Holanda, Italia, Francia, Dinamarca, Croacia, República Checa e Portugal, que se desevolveron entre os meses de marzo e xuño e nas que participaron 44 mestres da asociación, de Galicia e doutros puntos do país. Tamén se fixo entrega de documentación e dos informes das diferentes mobilidades, presentáronse propostas de mellora e o novo proxecto no que xa traballa Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), que preside o ribadense Álvaro Doural.