Xove 16-6-17. As bolsas e axudas ao estudo reguladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios.
B) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal.
Como novidade, este ano poden solicitar:
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
4.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
5.- Estudantes universitarios en universidades españolas
As dotacións das bolsas son as seguintes:
A.-Axudas de comedor para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos sesu horarios: 240,00 euros cada unha.
B.- Axudas de desprazamento:
1.-Axudas para estudantes que cursen ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela cando o seu horario escolar non seña compatible co bus escolar municipal: 300,00 euros cada unha.
2.- Axudas para estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior: 300,00 euros cada unha.
3.- Axudas para estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca: 150,00 euros cada unha.
4.- Axudas para estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores: 150,00 euros cada unha.
5.- Axudas para estudantes universitarios en universidades españolas: 150,00 euros cada unha.
O prazo de solicitude é ata o 30 de xuño de 2017