Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pon en perigo a continuidade os helicópteros de salvamento marítimo por unha xestión “chapuceira e temeraria” Loli Toja pide “non xogar coa seguridade dos galegos e das galegas”

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, acusou hoxe ao goberno galego de poñer en perigo a continuidade dos helicópteros de Salvamento Marítimo logo de demostrar unha xestión “chapuceira e temeraria”. Así o dixo logo de declarar deserto o Servizo de Gardacostas de Galicia, que remata no mes de outubro sen que ningunha empresa se vaia facer cargo.

A responsable socialista advertiu que “non se pode xogar coa seguridade dos galegos e das galegas para facerlle un traxe á medida a unha empresa”, e lembrou que “no que vai de século XXI levamos preto de 100 sinistro marítimos en Galicia”. Os socialistas galegos reclamaron a comparecencia do subdirector xeral de Gardacostas e levarán ao próximo Pleno unha proposta para esixirlle á Xunta que garanta a continuidade do servizo.

Toja sinalou que o goberno galego vén de poñer en perigo a continuidade dun servizo vital no que demostraron unha “absoluta incapacidade de xestión”. A situación vén, explicou, da adquisición en 2005 dos dous helicópteros de Salvamento por 27 millóns de euros, que “malvendeu” en 2012 por 13 millóns á mesma empresa que viña prestando o servizo.

A partir daquel momento, un servizo que custaba dous millóns de euros cada ano pasou a supor 9 millóns para a empresa propietaria das aeronaves que antes eran do goberno galego. Agora esa mesma empresa decide non concorrer ao concurso do servizo, co que Galicia está “sen helicópteros e sen servizo de Gardacostas” dende o próximo mes de outubro.

Consulta

Criticou que a resposta do goberno galego a esta nova situación teña sido emitir unha “Consulta preliminar do mercado en relación cos custes económicos en materia de servizos de medios aéreos para salvamento marítimo”.

Toja advertiu que este documento “significa ou ben que ata agora estabamos contratando un servizo sen saber o seu custe real ou ben que estalle preparando un traxe á medida da empresa”.

Exit mobile version