O acto tivo lugar este sábado no local social de Trasbar, no transcurso dunha cea á que estaban convidadas todas as persoas que participaron no campionato. Nesta edición participaron cinco parellas. As partidas comezaron en abril. As tres parellas con mellor puntuación levaron un trofeo e repartíronse do seguinte xeito: terceiro premio para Julio e Geni; segundas clasificadas Mª José e Angélica; a parella gañadora foi a formada por Elena e Fátima. Dende a asociación Burgo de Trasbar, agradecemos a participación de todas as parellas que se inscribiron nesta edición e convidamos á xente a participar nos vindeiros campionatos, así como no resto das actividades que organizamos.