Lugo, 29 de xuño de 2017. O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, informou este xoves que 9 autónomos e PEMES están a traballar a través do Plan de Roza do Goberno da Deputación en 12 Concellos, acondicionando o conxunto de estradas provinciais que discorren polos mesmos. Martínez Núñez supervisou estas actuacións na LU-P-1203, de Paderne por Francelos e Suegos, no Concello de Castroverde, acompañado polo Alcalde, Xosé María Arias.
Os 9 autónomos e PEMES contratados a través do Plan de Roza están a traballar nos seguintes 12 Concellos: O Vicedo, Viveiro, Foz, Muras, Barreiros, Ribadeo, A Pontenova, Guitiriz, Pol, Friol, Fonsagrada e Castroverde.
Martínez Núñez explicou que “nos vindeiros días, novos profesionais comezarán a traballar a través do Plan de Roza, pois, ata o momento, contratamos, con 400.000 euros, estas actuacións a 15 autónomos e PEMES, que as executarán na totalidade de estradas provincias de 40 Concellos. Haberá novas adxudicacións, posto que tamén levamos o Plan de Roza aos restantes 27 Concellos da provincia, con outros 400.000 euros, achegando un total de 800.000 euros a esta programación coa que actuamos nos máis de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial máis extensa de España e que discorre polos 67 Concellos da nosa provincia”.
24 zonas de actuación
A roza é mecánica e manual, é dicir, non se emprega ningún tipo de axente químico a diferenza doutras administracións, co obxectivo de protexer e respectar o medio ambiente. Os máis de 4.200 quilómetros de vías tradúcense en 8.400 quilómetros nos que se levará a cabo a roza (ambas as marxes viarias).
As estradas da rede viarias dividiuse nas seguintes zonas, nas que actuarán autónomos e PEMES, executando o Plan de Roza, dotado de 800.000 euros:
Zona 1: Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
Zona 2: Burela, Foz, Cervo, O Valadouro e Alfoz.
Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
Zona 6: A Pontenova, Riotorto e Pastoriza.
Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
Zona 9: Lugo e Guntín.
Zona 10: Castroverde e o Corgo.
Zona 11: Friol.
Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
Zona 13: Ribeira de Piquín e a Fonsagrada.
Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
Zona 15: Becerreá e As Nogais.
Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
Zona 18: Páramo, Paradela e Sarria.
Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
Zona 20: Taboada e O Saviñao.
Zona 21: Chantada e Carballedo.
Zona 22: Folgoso de Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
Zona 24: Pantón e Sober.