A saída tiña lugar no Pavillón Álvaro Pino e dende alí percorrían 6 kilómetros de ascensión ata chegar ó alto da Picaraña (350 metros).
Xana Rodríguez exhibía o seu potencial na categoría feminina proclamándose campiona galega da especialidade da que xa leva tres temporadas adestrando asiduamente.
No apartado masculino sorprendía co Subcampionato Cristian Piñeiro facendo unha ascensión vertixinosa e entraba a 5 segundos do ganador. O seu compañeiro Pablo Irimia arrastrou problemas físicas a partir do kilómetro 2 e entraba na 9ª posición.
A federación xa lles comunicou a Xana e a Cristian que entrarán no módulo de técnificación e concentracións da federación para preparar diversos campionatos de España.