Un centenar de veciñ@s de Burela desprazáronse o sábado á localidade asturiana de Noreña e visitaron tamén o santuario de Covadonga. A viaxe foi organizada pola concellería de servizos sociais
redac
Estiveron acompañados polo alcalde, Alfredo Llano, e polos edís de Cultura, Festexos e Servizos Sociais, José Díaz, Ramón Andrade e Patricia Otero. En Noreña tivo lugar unha recepción na Casa da Cultura, ofrecida polo tenente de alcalde desta localidade. A expedición visitou despois a Torre del Reloj e o monumento ao Gochu. A continuación tivo lugar un xantar con pratos típicos da cociña asturiana. Os excursionistas visitaron tamén o santuario de Covadonga.