Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente “esta campaña busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe”.
A aula móbil informativa estará acompañada dun xogo xigante de reciclaxe e de merchandising para os participantes.
Desde a Delegación Municipal de Medio Ambiente indican que “o principal obxectivo desta campaña é incrementar as taxas de reciclado na nosa comunidade a través da educación, a información e a formación. Con esta campaña preténdese explicar aos veciños/as as pautas a seguir para producir menos lixo, pero tamén para reciclar máis e mellor. Reciclar ben será determinante para o futuro do noso planeta, pero tamén é esencial para a economía de todos”.
Os monitores ambientais da aula móbil Separemos ben, reciclaremos mellor explicarán aos que se acheguen ata a mesma as pautas para unha adecuada xestión dos residuos e resolverán as dúbidas que poida ter a poboación sobre a reciclaxe. Todos aqueles que visiten a unidade móbil recibirán un agasallo.