Nesa sesión ordinaria a voceira socialista tomou a palabra para preguntarlle á rexedora cal era o motivo do cambio de hora. A contestación foi a seguinte: porque o convoco eu que son Alcaldesa. González lembra que o pasado día 18 de maio recibiu un wasap de Candia no que decia que o vindeiro pleno era o día 26 era ás 5 da tarde. “Diante desta escueta explicación preguntamos na sesión plenaria cal era o motivo deste cambio. A actitude de Candia foi en todo momento dictatorial xa que non contou co consenso da oposición para realizar este cambio horario. Eu ordeno, e eu mado, asi de democrata é este Concello con Elena Candia como alcaldesa”, resimiu a voveira socialista.
González asevera que nese pleno Candia estaba máis preocupada por asistir á clausura do Congreso do PP de Lugo, que se celebrou esa mesma tarde, que en atender os problemas dos mindonienses. Neste punto a voceira socialista pregúntalle a Presidenta do PP de Lugo “si utilizou un vehículo oficial do parque móbil da Xunta para trasladarse desde Mondoñedo a este acto político do PP?. Tal e como puidemos comprobar na sesión plenaria Candia esta máis preocupada polos problemas do PP de Lugo que polos problemas dos veciños do Carmen ou de Rio de Sixto”, advertiu.
Advirte ademais que o pleno converteuse nunha autentica tomadura de pelo, xa que non puidemos nin aprobar a acta da sesión anterior xa que nin siquiera estaba preparada; e sobre as tres preguntas que formulou o PSOE en tempo e forma, 2 non foron contestadas.
2 preguntas sen contestar
Esperanza González explica que demandou explicacións ao Goberno de Candia sobre unha factura que ten un importe total de 1.009 euros correspondentes a 4 billetes de avión. Concretamente 2 viaxes desde Madrid a Santiago de Compostela e volta a Madrid, e outros 2 viaxes de Xerez de la Frontera a Santiago e volta a Xerez, As persoas que aparecen na factura non teñen ningunha relación co Concello de Mondoñedo. Ademais presentou outra pregunta para coñecer o traballo realizado pola empresa ESTRATEGA, que rexistrou dúas facturas no Concello cun importe total de 4.840 euros. A última pregunta é para coñecer a decisión do Concello de Mondoñedo sobre o escrito presentado polos veciños de Vilaoriente na que demandaron a paralización das obras da reforma da subestación. “Non entendemos porque formulando as preguntas en tempo e forma Elena Candia non as contesta, ou é que ao mellor ten algo que ocultar?”, advertiu.
Rogos
Nesa mesma sesión o grupo socialista rexistrou dous rogos para reclamar un espello para o parroquia do Carmen, concretamente para a saída da estrada que sae dende o cementerio á estrada autonómica; e tamén unha valla de seguridade ou similar para o vial de Río de Sixto. A propia rexedora recoñeceu que a Asociación de veciños do Camen xa realizou esta petición nun escrito presentado no Concello, xunto con outras propostas. “O grave é que os veciños do Carmen rexistraron o escrito fai de 2 anos, e o espello aínda está sen colocar”, criticou González.