Os 20 perfís que o Goberno da Deputación ofrece son:
– Camareiro para Ribeira de Piquín, Paradela, Navia de Suarna, Cospeito e A Fonsagrada (2)
– Axudante de camareiro para A Fonsagrada
– Oficial de perruquería para A Pontenova
– Albanel para Barreiros
– Camareiro de Sala para O Corgo
– Cociñeiro para Meira
– Axudante de cociña para A Fonsagrada
– Axudante de cociña para Muras
– Community Manager para Vilalba
– 2 Auxiliar de produción de viveiros para Abadín
– Técnico en publicidade para Lugo
– Recepcionista para Becerreá
– Oficial de segunda para A Pontenova
– Enxeñeiro de camiños para Xove.
Os interesados en concorrer aos postos ofertados polo Executivo Provincial deberán formalizar a súa petición a través da Bolsa de Emprego da Deputación.
Para elo, é preciso cubrir o formulario que se atopa na web www.deputacionlugo.gal, onde deberán especificar o código do posto de traballo desexado. De seguido, os técnicos provinciais valorarán a adecuación de cada desempregado ao posto de traballo solicitado, para comezar na vindeira semana coas probas de selección destes novos empregos. Posteriormente, adxudicaranse os traballadores a ditos 20 perfís nun período máximo de 15 días.
Con estes 20 novos postos, que se engaden aos 161 que comezan a traballar esta mesma semana, o Executivo Provincial xera en total 181 novos empregos na provincia.
Novos traballadores
O Goberno da Deputación resolveu o venres os primeiros 161 lucenses beneficiados desta programación provincial e que comezarán a traballar este mesma semana. Farano en 145 empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro lucense en 51 Concellos da provincia. A distribución destes novos empregos é a seguinte:
– 104 persoas fano en 96 empresas lucenses, ás que o Goberno da Deputación lles financia ao 50% os custos laborais destes novos traballadores durante 1 ano.
– 29 persoas con capacidades diferentes noutras 28 empresas lucenses, ás que, dentro da súa aposta pola igualdade de oportunidades, o Goberno da Deputación lles financia ao 100% os custos laborais dos novos traballadores durante 1 ano, ao tempo que colabora na dotación do equipamento necesario para que poidan desenvolver a súa actividade laboral.
– 28 persoas en 26 asociacións e colectivos sen ánimo de lucro da provincia, ás que, dentro da súa aposta por impulsar a actividade do tecido asociativo, lles financia ao 100% os custos laborais dos novos traballadores durante 1 ano.