Lugo, 29 de maio 2017. O Goberno Provincial publicou este luns outros 20 novos perfís do Ben Empregado 3! Máis social na Bolsa de Emprego da Deputación que se atopa en www.deputacionlugo.gal. Son novos postos de traballo aos que poden concorrer todos os lucenses en paro que o desexen e que se complementan aos 161 que comezan a traballar esta mesma semana. O prazo para concorrer a eles remata o vindeiro luns, 5 de maio incluído. Máis información en 982 260 055 e 982 260 106 ou no correo benempregado3@deputacionlugo.org.
Os 20 perfís que o Goberno da Deputación ofrece son:
– Camareiro para Ribeira de Piquín, Paradela, Navia de Suarna, Cospeito e A Fonsagrada (2)
– Axudante de camareiro para A Fonsagrada
– Oficial de perruquería para A Pontenova
– Albanel para Barreiros
– Camareiro de Sala para O Corgo
– Cociñeiro para Meira
– Axudante de cociña para A Fonsagrada
– Axudante de cociña para Muras
– Community Manager para Vilalba
– 2 Auxiliar de produción de viveiros para Abadín
– Técnico en publicidade para Lugo
– Recepcionista para Becerreá
– Oficial de segunda para A Pontenova
– Enxeñeiro de camiños para Xove.
Os interesados en concorrer aos postos ofertados polo Executivo Provincial deberán formalizar a súa petición a través da Bolsa de Emprego da Deputación.
Para elo, é preciso cubrir o formulario que se atopa na web www.deputacionlugo.gal, onde deberán especificar o código do posto de traballo desexado. De seguido, os técnicos provinciais valorarán a adecuación de cada desempregado ao posto de traballo solicitado, para comezar na vindeira semana coas probas de selección destes novos empregos. Posteriormente, adxudicaranse os traballadores a ditos 20 perfís nun período máximo de 15 días.
Con estes 20 novos postos, que se engaden aos 161 que comezan a traballar esta mesma semana, o Executivo Provincial xera en total 181 novos empregos na provincia.
Novos traballadores
O Goberno da Deputación resolveu o venres os primeiros 161 lucenses beneficiados desta programación provincial e que comezarán a traballar este mesma semana. Farano en 145 empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro lucense en 51 Concellos da provincia. A distribución destes novos empregos é a seguinte:
– 104 persoas fano en 96 empresas lucenses, ás que o Goberno da Deputación lles financia ao 50% os custos laborais destes novos traballadores durante 1 ano.
– 29 persoas con capacidades diferentes noutras 28 empresas lucenses, ás que, dentro da súa aposta pola igualdade de oportunidades, o Goberno da Deputación lles financia ao 100% os custos laborais dos novos traballadores durante 1 ano, ao tempo que colabora na dotación do equipamento necesario para que poidan desenvolver a súa actividade laboral.
– 28 persoas en 26 asociacións e colectivos sen ánimo de lucro da provincia, ás que, dentro da súa aposta por impulsar a actividade do tecido asociativo, lles financia ao 100% os custos laborais dos novos traballadores durante 1 ano.