Xove 2-5-17. Unha vez finalizados os partidos do Campionato Provincial de Fútbol Sala Infantil, que se celebrou este día 1 de Maio en Xove, e antes da entrega de Trofeos, o Concello de Xove, representado no seu Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa, quixo renderlle unha pequena homenaxe ao gran deportista, Brais Vidal Sánchez, recente Subcampión de España ca Selección Galega de Fútbol Sala Alevin, que se celebrou en Ávila.
O Alcalde fíxolle entrega dunha placa de cristal co seu nome gravado, amosando o agradecemento do Concello de Xove.