O pasado sábado 29 celebrouse, por primeira vez no Valadouro, o Día Internacional da Danza organizado polo Concello. O salón de actos da Casa da Cultura quedouse pequeno para ver a exhibición da Asociación Cultural Amado Lar e do Clube de Baile Deportivo Goldance. Nenos e maiores gozaron dunha tarde de baile e puideron rematala participando nunha “Master Class” de baile social a cargo do profesor de “Goldance” Dimas Fernández. Desde o Concello queren agradecer a toda a xente a súa participación neste día e convídanos a participar nos seguintes xa que se está a valorar o poder festexar ano tras ano o Día Internacional da Danza, dada a súa boa acollida.