Vaia carallada no PSOE con tres candidatos que se sabotean ata límites paranoicos. Vaia carallada de corrupción e mangoneo no PP, que trata de ocultalo con provocativos homenaxes e ascensos. Vaia carallada téñen os cataláns coa súa independencia. Vaia carallada o dos refuxiados que ninguén quere e todo o mundo di compadecer. Vaia carallada de absoluciones e condenas que se teñen na Xustiza. Vaia carallada a o que temos todos os habitantes do planeta coas ocorrencias de Donald Trump. Vaia carallada o do precario goberno do PP que máis ben é un sen goberno ou un desgoberno. É o que se oe constantemente en cada conversación de taberna. A fraseciña que comeza con vaia carallada QUE pode acabar con calquera cousa. Pero o certo é que estamos fartos de consumir o noso tempo seguindo as cuitas e os vaivéns dos políticos, iso si que é unha carallada. Na confusión, si non sabemos o que votamos non poderemos queixarnos do que nos fagan, e si non que llo pregunten aos cidadáns USA. Eu non fun, eu non fun, como os nenos travesos que fan pifia, cando as cousas saen mal ninguén depositou o voto que encumbró ao goberno de quenda, pero si sae ben levanto o dedo para dicir eu. Así nos vai a cousa compañeiros.