Site icon Crónica3.com A Mariña

Senadores e deputados no Congreso trasladan aos lucenses que, grazas aos Orzamentos do Goberno, “Lugo non quedará fóra da Alta Velocidade”

LUGO, 7 de abril de 2017.- O voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, os senadores Dámaso López, Roberto Carlos Rodríguez e Gerardo Criado, e o deputado no Congreso, Joaquín García Díez, compareceron este venres en rolda de prensa para garantir aos lucenses que, grazas ao compromiso do Goberno de Rajoy, Lugo non vai quedar fóra da Alta Velocidade. Proba delo, asegurou Barreiro, é que o AVE “é unha cuestión irrenunciable para Lugo”; de aí que esta infraestrutra reciba unha aportación de 25,17 millóns de euros en 2017, supoñendo isto un incremento do 40% con respecto ao executado en 2016.

Por tanto, as contas, que cumpren, ademais, o obxectivo fundamental para os Gobernos do PP, como é a creación de emprego e teñen un marcado carácter social, ao iren orientados a mellorar a Educación e a Sanidade, “reiteran o compromiso firme da chegada do AVE á provincia”. “Os datos están aí. Nós mantemos a mesma posición, logo outros dirán o que estimen dicir pero a realidade é que Lugo non vai quedar fóra. Con estes Orzamentos é posible cumprir este obxectivo. Hai un compromiso claro e firme do presidente da Xunta e do presidente do Goberno que se materializa a través da conexión Lugo-Monforte”. E é que, subliñou, “tanto no que atinxe á entrada nos prazos establecidos, como no que ten que ver o acceso a esta alta velocidade de Lugo, non imos a renunciar”. A este respecto, indicou que, “como sinalou recentemente o propio Núñez Feijóo, estableceremos un marco de seguemento, de carácter bilateral entre Fomento e a Xunta, para velar pola execución dentro dos prazos temporais que temos para executalo, pois se por nós fose o Presuposto non sería para medio ano, senón para o exercicio completo”, afirmou.

“Certa hipocresía” do PSOE
Tendo en conta a importancia das cifras, criticou “a certa hipocresía” reflictida na valoración realizada en días pasados sobre este asunto polos direxentes lucenses do Partido Socialista, e apelou á responsabilidade dos mesmos en Madrid, en Lugo e en Galicia para que teñan altura de miras e se sumen á aprobación do documento orzamentario. “Se o fan, temos garantida a chegada da LAV a Lugo porque os Orzamentos cumpren este compromiso. Se tira cada un dun lado a corda remata rompendo por moi gorda que sexa. Se realmente queren feitos o que non poden é darlles unha patada e tiralos para fóra. Pode pelexar por melloralos nas emendas, pero non descartalos porque entón non temos nada. É dicir, se tanto nos interesa a Alta Velocidade hai uha fórmula moi clara de tela garantida: se os deputados socialistas galegos votan a favor e non os vetan témolo garantido. Miren que sinxelo é. A xente ten que escoitar é a verdade. O único risco que existe para Galicia e para esta provincia é a posición que adopten os responsables socialistas galegos nos Orzamentos”, concluíu.

Nunca houbo unha partida tan concreta
Na mesma liña, o deputado no Congreso, Joaquín García Díez, sinalou que “no todo lo que se habla se ajusta a la verdad porque hai que fijarse en la letra pequeña”. O popular fixo esta valoración porque “es la primera vez que la Alta Velocidad recibe una inversión tan concreta”. “Solamente en 2006 y 2009, cuando gobernaba el Partido Socialista, figuraban sendas partidas de 1,2 millóns de euros y 655.000, respectivamente. Este compromiso del Gobierno de Rajoy permite resolver el compromiso político. Lugo estará conectada con Madrid en 3 horas. Este año lo que hay son dos partidas con nombres y apellidos: renovación de toda la electrificación para desarrollar la alta velocidad entre Monforte y Lugo a 25.000 voltios y el impulso de las variantes”, defendeu.

Investimento en estradas e outras actuacións
No caso das estradas, e tendo en conta que son uns orzamentos para medio ano, polos “avatares políticos”, o Ministerio de Fomento destina á mellora das estradas da provincia 71 millóns de euros, o que supón un 6,5% máis que a cantidade contemplada nas contas prorrogadas. Se se fai a mesma comparación co orzamento exectuado, este aumento supera o 21%. É dicir, que “Lugo tiene unha consideración muy positiva del Estado”, apuntou García Díez.

No que respecta á A-54, licitarase o intercomunicador de Guntín; actuación que recibe 2,3 millóns de euros. Asemade, iniciaranse as obras nalgúns dos treitos. Concretamente, no trazado lucense, comezarán os traballos do enlace Melide-Palas de Rei. No caso da autovía Lugo-Ourense, o Executivo estatal destina 10 millóns de euros á continuación das obras entre San Martiño e A Barrela, e continuarase cos proxectos dos treitos desta autovía entre Taboada e Narón e Narón-Guntín. Para o remate da circunvalación de Monforte, que unirá a Zona Sur con esta estrada, destínanse 400.000 euros.

Na Mariña, redactarase o proxecto dos treitos da A-74 San Cibrao-Burela e Burela-Foz, e, no no Foz-Barreiros, que conta cun investimento de 1 millón de euros, é previsible que nuns oito meses se poidan iniciar as obras.

No caso da cidade, á rotonda sobre a N-VI, á altura da intersección con Afonso IX O Sabio e o enlace da ponte coa zona urbana, a través da rúa Santiago, destínanse 400.000 euros. Finalmente, inclúense 17 millóns de euros para seguridade vial e conservación da A-6, da N-642, dos cruces dos Camiños de Santiago, da N-640, así como para os sistemas antinéboa da A-8.

Resultados concretos en menos dun ano para o vello hospital
A preguntas dos xornalistas, José Manuel Barreiro destacou e expuxo as numerosas xestións realizadas para que a nova Comisaría se instale no antigo hospital, así como para impulsar outro tipo de servizos que permitan revitalizar o barrio da Residencia. A este respecto, indicou que existe un compromiso “claro e firme” do Goberno, da Xunta de Galicia e da Tesoureiría da Seguridade Social para acometer este proxecto. Concremente, o voceiro do PP no Senado, que está a participar activamente en todas as negociacións coas tres administracións indicadas, puxo de relevo que “estamos na fase administrativa para darlle tamén un uso sanitario” e adiantou que, nun prazo inferior ao ano, teremos resultados concretos”.

Dado o traballo realizado por parte do Partido Popular neste senso amosou a súa sorpresa polas declaracións realizadas sobre este proxecto por parte da alcaldesa da cidade, sobre todo, porque a rexedora leva dous anos no cargo e aínda non impulsou ningún proxecto que leve a súa sinatura. “Ponse detrás da pancarta pero despois de dous anos, aínda que sei que a cidade leva tempo coñecela, non lle coñezo ningún proxecto coa súa sinatura. Inaugura o que estaba feito pero ela non asinou nin o primeiro”. Por este motivo, pediulle “que nos deixen traballar aos demais”, solicitándolle “que se sumen”. “Reitero que dende o PP de Lugo, en colaboración coa Xunta, existe un compromiso firme e claro de buscar unha alternativa ao antigo hospital e unha das saídas é que a Comisaría se instale aí”, concluíu.

Exit mobile version