Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolleu unha xornada preparatoria das vindeiras saídas formativas de Apaga

140417 Foto Apaga xornada 3Ribadeo, 14 de abril de 2017. Apaga celebrou en Ribadeo, nas instalacións do hotel O Cabazo, unha xornada de traballo preparatoria das vindeiras saídas formativas que terán lugar a Croacia, República Checa, Portugal, Finlandia e Alemaña. Esas viaxes, nas que participan mestres de Apaga, enmárcanse no proxecto europeo Coñecemento e Formación para a Empregabilidade.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “estas reunións de traballo, como a celebrada en Ribadeo, son dun día de duración e comprenden a presentación do manual do participante, as súas obrigas, os programas formativos, a organización das viaxes e tamén as relacións cos socios de acollida”.

Catro mestres de Apaga estarán en Croacia do 24 ao 30 de abril e nas mesmas datas outros catro acudirán á República Checa.

Doural lembrou que “os profesores de Apaga estanse a desprazar de marzo a xuño a Francia, Dinamarca, Croacia, República Checa, Portugal, Finlandia, Alemaña, Austria, Estonia, Holanda e Italia. Xa tivemos as dúas primeiras saídas formativas en marzo e agora encaramos as do mes de abril”.

Nas once saídas deste profesorado, que se desenvolven de marzo a xuño, Apaga dará a coñecer o norte de Lugo a través da guía The North of Lugo, editada hai uns meses pola asociación e por Faro Norte Comunicación.

Exit mobile version