Mondoñedo 13-4-17. O evento contou coa Colaboración do Concello de Mondoñedo e coa empresa INGETEAM. Foron tres días de actividades deportivas nas que puideron gozar das actividades un total de 15 nenos. Estas actividades complementan as que a Asociación Deportiva está a envorcarse para fomentar este deporte onde destacamos o zonal de bádminton da Terra Chá, o Provincial de Bádminton e a xornada de convivencia coas escolas deportivas de Monfero.