Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada a XIV ruta das tapas que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril, organizada polo CCA

080417 Foto presentacion Ruta TapasFoz, 8 de abril de 2017. Unha ducia de locais hostaleiros participarán na XIV Ruta das Tapas, que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril. Este evento gastronómico, no que a protagonista é a cociña en miniatura, está organizado polo Centro Comercial Aberto. Nas últimas horas foi presentado por Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA, e por Rubén Rodríguez, vocal do colectivo.

As propostas culinarias serviranse en horario de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. As tapas custarán 1,5 euros.

Os establecementos que participan son: Bar 78, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.

O público poderá votar a través do facebook do Centro Comercial Aberto de Foz á tapa coa mellor presentación.

O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, sinalou hai uns días que “chegamos á Semana Santa cunha cita gastronómica, que xa está consolidada en Foz e na comarca, que é a Ruta das Tapas. Ofrecémoslle unha alternativa de ocio tanto aos que nos visitan nesas datas coma aos nosos veciños e veciñas. A nosa hostalería tentará, unha vez máis, dar o mellor de si nesta cita co tapeo e agarda sorprender coas súas propostas”.

Exit mobile version