Barreiros 7-4-17. O conxunto barreirense sumou os tres puntos nos seus últimos oito encontros da Liga Galega Norte de fútbol sala. Unha incrible racha que lle permitiu escalar varios postos na táboa clasificatoria ata acadar a oitava posición que ocupa actualmente a pesares de descansar na pasada xornada.
O próximo sábado 8 de abril recibirá no Pavillón Municipal (18:30 horas) ó Multiópticas Fagín Brión FS, unha victoria podería enganchar definitivamente ó conxunto mariñán ó grupo punteiro da categoría.
O gran rendemento do conxunto barreirense non pasa desapercibido para nadie, un exemplo palpable foi a convocatoria de David Rodríguez, porteiro do Praias, coa Selección Galega de Fútbol Sala.
Unha das empresas que fai todo iso posible é Otelec, oficina técnica e instalacións eléctricas apoiou dende o primeiro momento o proxecto barreirense e por iso directiva, plantilla e corpo técnico quixeron deixar de manifesto o seu agradecemento mediante a instantánea que acompaña este artigo, tomada antes do último partido como local do Praias de Barreiros.