Mondoñedo, 28 de abril de 201.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, participou na presentación da III KDD multimarca, unha proba automobilística que se celebrará mañá na localidade e coa que colabora o Goberno municipal. A saída do percorrido polas rúas de Mondoñedo farase ás 19:00 horas da Praza da Catedral.
A organización conseguiu que a Confitería A Alianza de Mondoñedo regale tartas aos participantes a modo de obsequio. Tamén se fará unha parada en O Rei das Tartas de Pedrido para realizar unha degustación.
Sete premios
Este ano a proba outorgará sete premios, entre eles, ao coche que veña de máis lonxe, á muller máis Racing, ao coche mellor preparado. A estes premios súmanse outros tres para a proba de ruído, que consiste no nivel de decibelios que solta un tubo de escape. Tamén se distinguirá ao coche máis coidado, tanto en limpeza como en tratamento do vehículo.
A inscrición nas probas é totalmente gratuíta. O percorrido será de 25 quilómetros, traxecto no que colaborará a Policía Local e Protección Civil de Mondoñedo.
Colaboran no evento Lucus Detail, tratamento de carrocerías e limpieza de vehículos, Caviauto, profesionais en electricidade e equipos de música e alarmas para vehículos e Repair y goo, profesionais en lunas de vehículos e tratamento de cristais de coches.
Os organizadores da proba destacan o apoio do Concello de Mondoñedo como “fundamental” tanto para a colaboración de subministro de vallas, Policía Local, Protección Civil e accesorios para o evento del drifting; demostración e condución de coches a escala 1/10 eléctricos en circuíto para o desfrute de grandes e dos pequenos da casa. Estes coche estarán fóra durante todo o día realizado exhibicións enfronte da Fonte Vella de Mondoñedo. Poderán ser usados polos nenos e nenas que queiran de balde.
A entrega de premios terá lugar ás 20:00 horas, momento no que se iluminará a Catedral.