Alfredo Llano e o concelleiro de Obras e Turismo, Ramiro Fernández, acompañaron ao presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, na visita cursada hoxe a Burela. Estiveron a supervisar diversas obras realizadas na localidade e tamén se achegaron ata o barco museo Reina del Carmen.