Site icon Crónica3.com A Mariña

Móstoles 3-3 Pescados Rubén

Burela 29-4-17. O gran traballo do Pescados Rubén Burela FS despregado en Móstoles só lle permitiu regresar con 1 punto, con resultado final de 3-3. Foi un bo partido das mariñás; o seu dominio da cita, ante un equipo moi valente, viuse lixeiramente empañado pola escaseza de eficacia cara á portería, nunha tarde na que o cadro laranxa quixo poñer sobre a palestra o 5 para 4 en varios momentos.

A iniciativa no marcador de Dany, no minuto 4, desapareceu na seguinte xogada, cun tanto de Patri Chamorro. Co 1-1, decidiu estrear na pista o xogo de cinco, liderado por Bea Mateos, un recurso que alternou durante toda a cita, aínda que no primeiro acto non obtivo recompensa. As locais aproveitaron un rexeite de María Otero para marchar ao descanso con vantaxe.

O equilibrio dos primeiros vinte minutos cederon terreo á posesión e ocasións laranxas. No entanto, foron as mostoleñas as primeiras en ver a meta rival, no minuto 27, nunha perda con porteira xogadora das burelistas. Antes de chegar ao ecuador, Judith reduciu ao 2-3 en contraataque e Shio, tan só un minuto despois, puxo táboas con xogo de cinco. O Pescados Rubén viviu unha recta final cargada de ocasións que non frutificaron ante a gran actuación da porteira mostoleña.

Ficha técnica
FSF Móstoles: Ana Belén, Patri Chamorro, Celia, María, Inma, cinco inicial; tamén xogaron Rocío, Carmen, Elisabeth
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shiori,cinco inicial; tamén xogaron Lara, Judith, Elvira, Sofía, Jozi
Goles: 0-1, minuto 4, Dany; 1-1, minuto 4, Patri Chamorro; 2-1, minuto 17, María Otero; 3-1, minuto 27, Carmen; 3-2, minuto 29, Judith; 3-3, minuto 30, Shiori
Árbitros: Alonso Abad // Arquero Jordán (Madrid)
Incidencias: Partido corresponiente á xornada 26 de Primeira División disputado en el pavillón Villafontana de Móstoles. A xogadora do Móstoles Inma quedou inconsciente por un momento tras un golpe sufrido cunha compañeira nos últimos minutos do encontro; recuperouse sobre a pista pero foi trasladada ao centro médico.

Exit mobile version