Viveiro 7-4-17. Membros do BNG de Viveiro viaxaron, durante a tarde do venres, pola A8, entre Vilalba e Barreiros, para denunciar a ausencia de Viveiro nas sinais verticais das distintas saídas da A8, ademais da A6. Unha acción reivindicativa executada pola organización nacionalista tamén para visibilizar a desorientación que provocan os paneis informativos de Fomento na A8 aos @s usuari@s da Autovía do Cantábrico que viaxan a Viveiro, os cales lles crean confusión e unha grande desorientación durante o seu desprazamento debido a ausencia total do nome de Viveiro nos paneis de sinalización da autovía.
Esta acción reivindicativa d@s nacionalistas de Viveiro, durante a cal estiveron acompañad@s tamén pola Responsable Comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida e o deputado do BNG na Deputación de Lugo, Antón Veiga, foi desenvolta en dúas das saídas da A8 nas que @s nacionalistas demandan a Fomento a inclusión de Viveiro nos paneis verticais da autovía (saída 575, á altura deVilalba, e 524, á altura de Barreiros) e nas que estiveron axudando “panel de sinalización de Viveiro en man” a orientar aos condutores/as que viaxaban a Viveiro para gozar das festas da Semana Santa.
Esta demanda xa histórica do pobo de Viveiro, que foi trasladada durante os últimos anos en numerosas ocasións ao Ministerio de Fomento por distintos grupos políticos e que foi tamén outras tantas veces ignorada polo goberno central, foi levada novamente ao pleno de Viveiro do pasado 15 de marzo, aprobándose por unanimidade da Corporación municipal unha moción promovida por 20 colectivos sociais, sindicais, culturais e empresariais a iniciativa do BNG de Viveiro.
Por outra banda @s nacionalistas viveirenses denuncian o estado de abandono e aillamento no que os gobernos de Feijoo e Rajoy manteñen a Viveiro, así como ao resto da Comarca. Lamentan o desinterese que manifestan os dirixentes do PP pola da cidade do Landro, cux@s veciñ@s ven como van perdendo oportunidades de futuro pola desconexión na que os mantén Feijoo e Rajoy. “É paradóxico que @s veciñ@s de Viveiro teñamos que vir a Vilalba para coller a Autovía do “Cantábrico” subliñan @s nacionalistas, que ademais consideran imperdoable que os xefes do executivo autonómico e central permitan o desmantelamento do FEVE na Mariña e dean o seu visto bo a ausencia de investimentos nas infraestruturas viarias de Viveiro e Comarca nos orzamentos do do Estado para o 2017.