Site icon Crónica3.com A Mariña

Jorge Quelle defenderá a Galicia infantil no nacional

jorgequelle-galiciainfantil17Burela 7-4-17. O infantil do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle defenderá a Galicia Infantil no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputará entre mañá e o domingo na localidade abulense de Arévalo.

O combinado que dirixe o tamén mariñán Ibán García partirá mañá dende A Coruña e xa se medirá a Castela A Mancha pola tarde, ás 17.00 horas no pavillón Ataquines, intregrado no Grupo A. O sábado enfrontarase a Valencia ás 10.00 horas, no caso de gañar o partido do venres, ou ás 17.00 horas, se perde na cita inaugural.

O Grupo B estará composto por Castela e León, Andalucía e Estremadura. A final está prevista para o domingo, ás 9.15 horas.

Exit mobile version