As terceiras xornadas Asturias en Ribadeo contaron coa animación musical de tres grupos de gaitas, que percorreron todas as rúas da localidade “levando o ambiente festivo máis aló da zona comercial das Catro Calles, algo que gustou moito á xente que paseaba e saboreaba as propostas culinarias da cociña asturiana en Ribadeo”, explican desde a directiva de Acisa. O venres os encargados de poñer a nota musical foron os membros de Brisas del Eo, de San Tirso de Abres, e onte foi a quenda para El Trasno, de Coaña. Hoxe domingo, si o tempo o permite, será A Subela, de Foz, o grupo que se encargue de animar as rúas ribadenses.
Finalmente son 22 os locais hostaleiros que están a participar nas xornadas Asturias en Ribadeo: A Dorada, O Bodegón, O Cabazo, Costa Verde, Oviedo Bar II, hotel Rolle, Galipizza, Queimada, Cienfuegos, Breogán, La Cuchara de Palo, A Menchina, Rosalar, Malo Será, La Botellería, La Lira, Mediante, Mareta, A Ribeira, Porta Norte, Prohibido y La Quinta.
Acisa fai un balance positivo de cómo está a ser a ponte do primeiro de maio: “hai moitos hoteis na vila que están desde o sábado ao 100% de ocupación. Non hai máis que dar unha volta polas rúas para ver o ambiente que se respira estes días en Ribadeo. Está a ser unha boa ponte, a pesares de que chega aos poucos días dunha Semana Santa de auténtico récord para nós. O martes é festivo en Madrid e iso nótase aquí”.