Hai un vello chiste que di que todos os partidos políticos menten no seu nome: O Partido “Popular” está cheo de xente antipática, o PSOE defende o capitalismo, en Esquerda Unida e Podemos están a hostias e “Convergencia i Uniu”,ou como se chame ahora, nin converxe cara a nada, nin defende a unidade. Como non podo evitar ser un pouco “listillo”, sempre digo que o único partido político excepción a este chiste é o Partido Nacionalista Vasco, onde non se romperon demasiado a cabeza.
Para despeexar mais a gusto é mellor que vaiamos por partes seguindo a lóxica do chiste:
Democracia: Pensemos en que no seus Congresos Trinufales os nosos partidos xa se queixaban por “férreo control dende a dirección”. Pensemos nos expedientes abertos a calquera que ousase disentir lixeramente dos e das xefazas de turno e os seus métodos. Aínda que tampouco fai falta iso, o único que necesitas é “non querer facerlle reverencias”. Como cidadán, votante e persoa adulta.
E dos novos partidos hai quen di que a irrupción destes no sistema político español é un “sopro de aire fresco”, pero o rodaxe vai demostrando que unha iniciativa creada para gloria dunha soa persoa vai reenchendo as súas filas de tolos, trepas e inadaptados que han ir sendo rexeitados ata polos partidos extraparlamentarios. Xente ansiosa de buscar un oco de poder nun ámbito de nova creación, trolls de internet, fanáticos do Meneame, copypasteadores dos foros e os comentarios de noticias, conspiranóicos e adanistas políticos que, por fin, atoparon un sitio onde poder exercer a súa síndrome de Juan Costa a cambio de asentir a todo o que diga o seu inspirado liderado.
¡O que dá de si un chiste!
Otero Regal