Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado de prensa relativo á mina de caolín de San Román de Vilaestrofe

San Román de Vilaestrofe, a 8 de Abril de 2017..A Comunidade de Montes de Vilaestrofe, do Concello de Cervo, quere dar traslado das últimas novas aconcetidas no relativo á mina de caolín sita nos montes comunais da nosa parroquia, a cal explota a empresa AREA MINERA DEL ATLÁNTICOS S.L.

Con anterioridade, déronse os seguintes antecedentes:

21/03/2013 Adquisición unitaria de ECESA por parte de Area Minera del Atlánticos SL.
Concurso mercantil necesario de AREA MINERA DEL ATLÁNTICOS SL, procedemento número 1242/13 por auto 13 de febreiro do xulgado de 1ª Instancia 2, do Mercantil de Lugo.
Comunicación da Xunta Directiva da Comunidade de Montes en outubro de 2013 da aparición dunha gran fenda no monte.
Decembro de 2014, paralización da actividade decretada pola Xunta de Galicia e administración concursal mentres non se solucionen as deficiencias ocasionadas no monte.
1/7/2016 A Xunta de Acreedores aproba o convenio en reunión da mesma. En sentencia 30/9/2016 o Xulgado de 1ª Instancia 2, Mercantil da provincia de Lugo, aproba xudicialmente o convenio (BOE 13/12/2016).

Con todo isto, a empresa acumula unha débeda coa Comunidade de Montes de preto de 350.000 euros (anualidades de 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017), pero ó que é máis grave ó noso parecer, cunha gran fenda no monte, que no futuro pode ocasionar situacións de perigo para os nosos veciños.

A todo isto, cabe recordar que a empresa tiña vendida case que o 100% da súa producción, e daba emprego entorno a 60 persoas, de ahí que vexamos con peocupación que se poda perder unha empresa con futuro.

Por todo isto, durante estas datas tivemos diversos contactos coa empresa para que nos clarificaran cales son os seus plans cara a explotación, e cando tiñan pensado facer efectiva a débeda contraída. A empresa comunicounos que a reanudación da actividade de momento non estaba prevista, e que a débeda se pagaría en tres prazos, 1 de abril, 1 de maio e 1 de xuño.

Pois ben, unha vez pasado o primeiro prazo, a empresa novamente non cumpriu coas súas propostas, e o que é peor, resulta imposible contactar coa súa Dirección, pois non contestan as nosas chamadas. Unha vez máis, ponse de manifesto que o que está a tratar de facer é que pase o tempo e non facer fronte as súas responsabilidades.

Toda esta situación comunicouse tanto ó Concello de Cervo, na persoa do seu Alcalde D. Alfonso Villares, a cal moi sensibilizado coa problemática xestionou unha xuntanza en Lugo co Delegado da Xunta, D. José Manuel Balseiro e técnicos competentes. Agradecemos a súa intervención e demos traslado das nosas peticións e inquedanzas.

Unha vez posto de manifesto que a nova Dirección non ten interés en cumprir coas súas obrigas, e ante as nosas inquedanzas, sobretodo no referido a seguridade da mina, vémonos na obriga de tomar novas medidas, as cales son as seguintes:

Solicitar da Xunta de Galicia a nulidade da concesión de explotación para a empresa Área Minera del Atlánticos S.L. E abrir un novo concurso para que outra empresa poda explotar.

Comunicar no rexistro do Mercantil de Lugo que a empresa incumpre nos pagos dos créditos contra a masa, e que se proceda a liquidación da mesma.

Dende a Comunidade de Montes de Vilaestrofe sempre nos mostramos dispostos a chegar a acordos que faciliten a posta en marcha da empresa, pero o que non entendemos é a postura da Dirección, con mentiras, incumprimentos e falta de seriedade.

Como ven deciamos con anterioridade, apostamos polo futuro da mina, pero dificilmente coa dirección actual desta empresa, e para tal fin poñeremos todo o que esté na nosa man para facilitalo, tendo en conta, en primeiro caso, que de quedar a mina abandonada supoñerá un risco importante pois a mina está sin restaurar, e o que é peor, cunha fenda de considerables dimensións que pode ter consecuencias futuras, as cales a toda costa queremos evitar.

Exit mobile version