Site icon Crónica3.com A Mariña

V Concurso infantil de debuxo festa da merluza do pincho de Celeiro

En Celeiro, a 30 de marzo de 2017.

IV CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO
FESTA DA MERLUZA DO PINCHO
CELEIRO

1.OBXECTIVO XERAL:
Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.

Elaborar un debuxo relacionado coa Festa da Merluza do pincho de Celeiro.

2.REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).

3.CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de Celeiro e coa festa da merluza en particular.

Os debuxos ou murais deberán facerse á man, non valendo o uso do ordenador.

O debuxo ou mural deberá levar o texto: FESTA DA MERLUZA DE CELEIRO.

4.PRAZO:
Os interesados deberán presentar os debuxos antes do día 25-05-2017 inclusive.

Os debuxos deberanse remitir:
•Facendo entrega do mesmo a algún membro da Directiva da ACD PENALBA de Celeiro.
•Por correo postal á seguinte dirección: Almacén nº20 do Muelle sur de Celeiro. CP 27863. Viveiro. Lugo.

Xunto co debuxo que se presente será necesario que o participante cubra a instancia que consta como anexo 1 destas bases, grapando o debuxo á instancia.

5.EXCLUSIÓNS:
Quedarán excluídos todos aqueles debuxos que non cumpran os requisitos esixidos.

6.FORMA DE CONTROL:
A organización do evento asignará un número a cada debuxo e porá o mesmo número á instancia cuberta, separando o DEBUXO presentado da instancia para así garantir a obxetividade do Xurado.

O Xurado terá á súa disposición os debuxos numerados na súa parte traseira e ditará o seu veredicto nomeando gañador a un número o cal identificará ao gañador.

Unha vez dictado o veredicto polo Xurado este comunicará á Organización o número de cartel elexido e a citada procederá a nomear físicamente ao gañador.

7.COMUNICACIÓN DO GAÑADOR:
O gañador comunicarase antes do día 05-06-2017 a través dos medios habituais de comunicación así como directamente ao gañador do concurso.

O Xurado reservase o dereito a declarar deserto o concurso.

8.VALORACIÓN E XURADO:
O xurado estará formado por:
•Presidente da ACD Penalba de Celeiro: Bernardo Fraga Galdo.
•Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro: Lara Fernández Fernández-Noriega.
•Representante da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro: Domingo Rey Seijas.
•Representante de Puerto de Celeiro SA: Eduardo Míguez López.
•Representante do CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro: Vicente Míguez Salgueiro.
•Actúa como Secretaria, con voz e sen voto, a Secretaria da ACD Penalba de Celeiro que levantará acta do acordado: Saray Blanco Canoura.

Valorárase:
•Orixinalidade.
•Estilo.
•Técnica.
•Expresividade artística.
•A relación coa festa a celebrar.
•Todos aqueles datos que o xurado considere oportunos.

9.OBRAS PARTICIPANTES:
•Cada participante poderá presentar un só proxecto.
•Todos os proxectos participantes poderán ser expostos ao público.
•O debuxo gañador quedará en propiedade da ACD PENALBA de Celeiro que se reserva o dereito a ediala e utilizala facendo mención ao autor da mesma.
•O feito de concursar supón a aceptación das bases do concurso.
•O fallo do xurado será inapelable.

10.PREMIO:
Primeiro premio: Material didáctico valorado en 150,00 €.
Segundo premio: Material didáctico valorado en 50,00 €.
Terceiro premio: Material didáctico valorado en 50,00 €.

ACD PENALBA-Celeiro.

Exit mobile version