Ó longo de dúas horas os comensais degustaron oito pratos, seis salgados e dous postres, preparados polos chefs Iván Domínguez, director gastronómico do Grupo Alborada, Diego López do restaurante La Molinera, de Lalín, elexido mellor cociñeiro galego no Fórum Gastronómico 2014 e David Moledo, de A Mirandilla.
A xerencia do restaurante dá as grazas a todos os participantes e lamenta que quedaran varias persoas sen poder asistir porque “non puidemos dar cabida a toda a xente que nos chamou para reservar, pero haberá outras oportunidades”.
