En Viveiro a 31 de marzo de 2017. Ó PP de Viveiro parecelle lamentable a falta de preocupación do equipo de goberno socialista cos seus traballadores, en especial cos integrantes da brigada de obras do noso concello. Da a impresión de que ó Partido Socialista Obreiro Español de Viveiro se lle teña perdido a O de obreiro, ó constatar as malas condicións nas que se atopan as dependencias da Feira Vella en Xunqueira que é o lugar no que estes traballadores teñen que cambiarse para empezar a súa xornada laboral .
Nesta nave só dispoñen de dous lavabos e dous inodoros, pero carecen de duchas e vestiarios nos que poder cambiarse. Tampouco teñen unhas taquillas nas que poder deixar as súas pertenencias e por non ter, non teñen nin un banco onde poder sentarse para poñer a roupa de faena, e isto a pesares de que o Sr. Cal, delegado de obras, lles prometera fai tempo facerlles uns vestiarios, pero unha vez máis comprobamos como a especialidade deste goberno socialista son as promesas incumplidas e a venta de fume.
Dende o PP de Viveiro facémonos varias preguntas relativas a algo tan fundamental como son as normas de hixiene e seguridade no traballo e que polo visto e o manifestado por estes traballadores – que nos enviaron a foto adxunta como proba do seu malestar – da a impresión de que brillan pola súa ausencia.
Agardemos que por salubridade e a mellora nas condicións de traballo destes empregados municipais, dende o equipo de goberno tomen boa nota desta situación e procedan a resolvela á maior brevidade posible, ben dotando os traballadores de obras dos “prometidos” vestiarios, ou ben, ubicándoos noutro lugar onde poidan ter unhas condicións dignas para o desenrolo do seu traballo diario a prol dos veciños e veciñas de Viveiro.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro