Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 4 de abril ao 3 de maio poderase visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición Insectos, cunchas e fósiles, de David López

David López, amosará unha magnífica colección de cunchas de todo o mundo, bolboretas, insectos e fósiles. A inauguración terá lugar o vindeiro martes, 4 de abril, ás sete e media da tarde, e o venres, día 7, tamén ás sete da tarde haberá unha visita guiada aberta ao público, na que todos os interesados poderán disfrutar coas explicacións do dono da exposición, gran amante e coñecedor do mundo dos insectos, cunchas e fósiles, e coma non, da natureza”.

Exit mobile version