Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogo do BNG de Xove

Carlos Fernández Louzao, concelleiro do Grupo Municipal Nacionalista na Corporación de Xove, ao abeiro da lexislación vixente, presenta o ROGO que segue:
Na obra de rehabilitación da Fonte Maior de Vilachá foron investidos máis de 27.000€. Unha obra que quedou ben estéticamente, pero que na práctica non foi unha reparación funcional, cun lavadoiro que a día de hoxe ninguén emprega e, sobre todo, un cano que non dá as medidas para encher unha garrafa sen ter que termar dela, ademáis de ter que empurrala para sumerxela na auga da pía (xúntase foto).
Dende o grupo municipal do BNG solicitamos que se solucione o problema que hai para encher as garrafas da auga e se lle dea á Fonte Maior de Vilachá a mínima utilidade que calquera manancial debería ter.
!cid_48945253840841089653A5B5173CE009@administc627d4

Xove, 6 de febreiro de 2017
Asdo.: Carlos Fernández Louzao

AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE XOVE

Exit mobile version