Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou o campañazo, que organizou o centro comercial aberto de Foz

Rematou o Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz, coa entrega de premios aos últimos afortunad@s. Pedro Mejuto Iglesias foi o gañador do sorteo do pasado 3 de febreiro. El recibiu 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados que participaron nesta tradicional cita en Foz. Os premios foron entregados por Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz, en As Brasas, desde onde Pedro cantou o Campañazo o pasado venres. O resto dos cartóns premiados tamén recibiron os seus agasallos.
O Centro Comercial Aberto de Foz repartiu 2.400 euros en premios os venres desde o 13 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Exit mobile version