O edil socialista subliñou que “a pesares das inclemencias meteorolóxicas a marcha logrou reunir a 220 participantes. Queremos felicitalos por acudir a esta cita e tamén ao Club Ciclista Burela pola organización así como aos voluntarios que traballaron para que todo discorrese con normalidade, a Protección Civil, á Policía Local e á asociación Bigotes, xa que para este colectivo foi parte da recadación desta proba”.
Ramiro Fernández Rey indicou que “o Concello seguirá a apoiar ao noso deporte e ás probas, que como esta, se organicen en Burela. Neste caso ademais de facer deporte tamén se promociona a pescada capturada polos barcos do noso porto. Tras a conclusión da marcha os participantes comeron pescada nun xantar que tivo lugar no pavillón dos institutos”.
O Concello entregou un detalle a cada participante na IV Marcha da Merluza.