O subdelegado agradeceu a Iglesias o “traballo eficaz” desenvolvido á fronte da Capitanía Marítima burelesa a prol da seguridade marítima, e da prevención e a loita contra a contaminación do medio mariño, entre outros. Así mesmo, trasladoulle os seus mellores desexos para a etapa que agora comeza.
Natural de Vitigudino (Salamanca) e funcionario do Corpo Especial Facultativo de Marina Civil, José Ángel Iglesias Durán viña desempeñando o cargo de capitán marítimo de Burela dende o 4 de xuño de 2013. Antes de ser designado para ese posto, fora coordinador de seguridade e inspección marítima na mesma Capitanía durante dez anos.