Site icon Crónica3.com A Mariña

O observatorio da Mariña pola igualdade trae á doutora Carmen Mosquera, quen impartirá unha charla sobre a vacina contra o virus do papiloma humano

Ribadeo 8-2-17. O vindeiro venres 10 de febreiro ás 19.30 horas a Casa das letras de Ribadeo (ubicada na rúa Rodríguez Murias, nº 8, 1º andar) acollerá a conferencia “A vacina das nenas contra o virus do Papiloma Humano (VPH): infórmate antes de decidir”.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade terá como convidada a unha relatora experta no tema: a doutora Carmen Mosquera Tenreiro. Esta epidemióloga conta cunha dilatada carreira no exercício profesional na
Consejería de Salud do Principado de Asturias e traballou, ademais, en varias liñas de investigación ligadas á perspectiva de xénero no campo da saúde, así como da medicalización progresiva e do seu impacto sobre o organismo.

Colaboradora do Observatorio de Salud de la Mujer do Ministerio de Sanidad, Mosquera está especializada en diversos temas tales como a estratexia de atención aos problemas cardiovasculares da muller, atención ao parto normal no sistema nacional de saúde e no protocolo de atención sanitaria á violencia de xénero.

Desde o Observatorio consideramos que este é un tema de grande interese para as familias pola repercusión que ten sobre a saúde das nenas e mulleres, en concreto, mais tamén sobre o groso da poboación en xeral.
Por este motivo, convidamos a asistir a todas as persoas interesadas.

Exit mobile version