Os que se acheguen a Foz esta fin de semana poderán gozar da 7ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar mañá, día 10, e o sábado, 11 de febreiro, en varios locais de hostalaría da vila. Na directiva sinalan que “estamos diante dunha cita tradicional e consolidada nestas datas na que varios mesóns, bares e restaurantes ofrecerán tapas elaboradas con produtos como ostras, chocolate, fresas, plátano, canela, vainilla, etc…”.
E ademais do 11 ao 14 de febreiro tres pastelerías de Foz: Amarena, Anduriña e Xoyma porán á venda, ao prezo de 1,5 euros, o doce especial afrodisíaco que elaboraron para esta ocasión.