Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG do Vicedo presenta unha moción para garantir o suministro eléctrico nos fogares máis desfavorecidos

O Vicedo, a 6 de febreiro de 2017. O grupo municipal do BNG do Vicedo presentou unha moción para garantir o suministro eléctrico nos fogares galegos considerando esta cuestión como prioritaria debido ao aumento da pobreza nestes últimos tempos. Dita moción debaterase no pleno do próximo xoves 9 de febreiro.

En palabras do portavoz municipal, Adrián Piñón, esta moción ten por obxectivo conseguir que “a corporación municipal do Vicedo inste á Xunta a realizar as modificacións lexislativas necesarias para evitar que as familias con menos recursos se vexan privadas de suministro eléctrico”. No texto proposto tamén se solicita regular a prohibición de corte de suministro co fin de evitar que as compañías decidan facelo unilateralmente, así como se propón a creación dunha tarifa eléctrica galega que posibilitaría unhas menores tarifas tendo en conta a condición de excedentaria de enerxía que posúe Galiza.

Pola outra banda, Carlos Pena falou da necesidade de que o Concello non só se preocupe por garantir o apoio ás persoas máis desfavorecidas, senón que tamén adquira o compromiso de obrigar e instar á Xunta e ao Estado a prestar os servizos básicos ao conxunto da poboación.

Exit mobile version