Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG demanda inversións para a mellora de FEVE e solicita a súa transferencia

IMG_1452A Mariña, 9 de febreiro de 2017.Os servizos públicos de transporte, ben sexa por estrada ou por ferrocarril están sufrindo un acelerado proceso de desmantelamento na comarca. O BNG iniciou hoxe unha campaña para instar aos gobernos do PP na Xunta e no Estado a pór freno a ese desmantelamento que deixaría á comarca gravemente perxudicada social e económicamente, tendo en conta que A Mariña vén sufrindo nos últimos anos un total esquecemento e abandono en materia de vías de comunicación.
“Á Mariña non chegan as infraestruturas viarias, e ainda por riba, desmantelan as existentes” afirmou Ana Ermida.

As actuacións do goberno do Partido Popular teñen como único obxectivo xustificar a supresión definitiva de RENFE-FEVE en Galiza

Neste sentido, as nacionalistas aportaron datos ao respecto, coma que “veñen de cancelarse por parte do goberno do PP no Estado, inversións de mais de 12 millóns de euros para o mantemento da vía e das estacións. No último ano leváronse a cabo perto de 600 supresións de servizos en Galiza, así coma retrasos continuados, vías e infraestruturas en mal estado –estacións, apeadeiros, varandas ou pasos-, e iso sen contar coa calidade do material rodante que circula no territorio galego e mariñao. Todo para unha vez máis, levar a cabo unha pensada e premeditada política para xustificar a súa supresión definitiva”

O transporte de mercadorías xa vén de sufrir un importante recorte, na madeira e no aluminio
No caso de transporte de mercadorías, no pasado ano 2016 tamén sufriu recortes nos servizos, o que levou na práctica á desaparición do transporte ferroviario de mercdorías polo territorio galego. Así pois, compañías como Alcoa na súa planta de San Cibrao, onde diariamente unhas 350 toneladas de placa de aluminio saen cara a Amorebieta; ou o mesmo o transporte de madeira, que chegou a mover 36.000 toneladas ao ano, son as grandes perxudicadas levando a facer o transporte por estrada, con todo o que eso supón.

“Coa situación económica que estamos a vivir non se pode prescindir dun servizo ferroviario que pode ser fundamental para a vertebración do territorio, ademáis de dinamizador, especialmente para a comarca da Mariña”manifestou Olalla Rodil.

A Mariña, con pésimas estradas, sen autovía e con só 7km de corredor, sufre ainda por riba o desmantelamento de RENFE-FEVE na comarca

Así o manifestou a responsable local do BNG Ana Ermida, que fixo fincapé na importancia deste medio de transporte para a mobilidade de persoas entre as localidades da comarca e avogou por unha ordenación do transporte, onde o ferrocarril teña uns horarios e frecuencias acordes ás necesidades de mobilidade dunha poboación do século XXI, e combinando tamén co ferrocarril o transporte público por estrada que está empezando a sufrir tamén o desmantelamento.

Iniciativas en todas as institucións e recollida de sinaturas
O BNG , dentro desta campaña presentará mocións en todos os concellos da comarca, reunirase con usuari@s e procederá tamén á recollida de sinaturas para instar á Xunta de Galiza para que solicite do Ministerio de Fomento os investimentos precisos para garantír un servizo ferroviario de ancho métrico (RENFE-FEVE) polo territorio galego na smellores condicións posíbeis. E así mesmo instar á Xunta a solicitar do goberno do estado a transferencia do Servizo Ferroviario de Ancho Métrico (FEVE) e así poder levar a cabo a súa promoción, coordinación e integración na rede galega de transporte ferroviario de proximidade.

Exit mobile version