Foz 9-2-17.No pasado mes de xaneiro e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno,“FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”,formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a limpeza da calzada, que está chea de gravilla, na zona da Glorieta de Vilalba a altura do edificio de Anidos.
2. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a pintar franxas amarelas prohibindo aparcar preto da entrada das vivendas na rúa constitución .
3. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan o arranxo dun muro de contención que hai nunha parcela do polígono industrial de Fazouro que está con serias deficiencias. Si non é competencia do concello que faga as xestións oportunas para que sexa arranxado.
Preguntas mes de xuño.
1. ¿Por que lado da calzada se vai facer a senda peonil de Forxán? ¿e cal é o motivo?
Resposta:A marxe esquerda en dirección a Fazouro. E o motivo é porque é a zona mais usada polos veciños e veciñas.
2. ¿Ten información dalgunha modificación de circulación de tráfico que se vai facer no cruce de Ribela?
Resposta: Sobre ese cruce ou cambio de sentido hai un informe negativo de tráfico. Xa foi pintado para que volvese a súa configuración inicial, pero volver ser pintado de negro por Fomento. Chamará a Fomento para dar solución o problema.
3. ¿Ten algunha resposta de FEVE sobre a moción presentada por FPF sobre o arranxo das barandas das pontes que hai sobre a vía do tren?
Resposta:Non ten resposta. Volverá a insistir.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.