Viveiro 6-2-17. A difusión principal da Feira do Cocido de Lalín desenvólvese nas semanas próximas ao día grande (19 de febreiro) mediante un autobús promocional (Cocido en Ruta), que ten previsto percorrer esta ano varias vilas e cidades galegas, ademais de visitar a cidade de Ponferrada e a de Porto en Portugal. Este autobús -rotulado co cartel da Feira do Cocido- saíu de Lalín o sábado 28 de xaneiro e permitirá realizar degustacións ao público, ademais de propiciar unha presentación innovadora e moderna que asegure unha gran repercusión social da Feira do Cocido.
Así, esta iniciativa permite difundir a festa máis sobranceira de Lalín, declarada de Interese Turístico Nacional e que celebra o día grande o 19 de febreiro, ofrecendo degustacións totalmente de balde de tapas inspiradas no cocido realizadas por cociñeiros e cociñeiras lalinenses. O alcalde de Lalín, acompañado dos alcalde das vilas e cidades que visita o bus, realiza unha presentación dos principais atractivos da Feira do Cocido. O Cocido en Ruta arribará mañá a fermosa localidade de Viveiro ás 12.00 horas e instalarase nos Xardíns Noriega Varela. Rafael Cuíña e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, realizarán na Casa do concello a presentación oficial do festexo.
ITINERARIO DO BUS DO COCIDO 2017
28 de xaneiro, Lalín, (presentación)
2 de febreiro, Carballo (Praza do Concello)
3 de febreiro, Riveira (Malecón de Riveira)
7 de febreiro, Viveiro (Xardíns Noriega Varela)
8 de febreiro, Ponferrada (Plaza Fernando Miranda)
11 de febreiro, Porto (Praça D. Joao I)
14 de febreiro Carballiño (Praza do Emigrante)