Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso esixe compensacións reais e unha política previsora diante dos temporais

Santiago de Compostela,6 de febreiro. O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, esixiu hoxe compensacións reais para os afectados pola falta de subministro eléctrico destes días e que “converteron a Galicia no epicentro dunha situación esperpéntica que nos colocou no século XIX”.

“O temporal que sufrimos non pode xustificar a perda dun servizo básico durante tanto tempo e que provocou uns custes moi difíciles de cuantificar” sinalou o portavoz galeguista, que quixo denunciar “a falta continua de mantemento por parte das empresas do sector”.

Desde Compromiso tamén se quere situar á Xunta de Galicia como “cómplice necesario” do caos xerado, xa que é a institución responsable da ordenación territorial. Asi mesmo o goberno galego xa debería estar traballando no asesoramento ós afectados e en axudar ós concellos que están padecendo os efectos no temporal nos seus pobos.

Piñeiro Docampo lembrou que “temos colexios sen luz aínda hoxe, nenos sen calefacción, e infraestruturas e servizos danados” polo que non se pode perder un minuto en dar solución aos problemas, estando vixiantes e sendo previsores ante fenómenos meteorolóxicos próximos.

Exit mobile version