Esta semana, na Librería Bahía imos realizar dúas actividades, coma sempre sobre libros e escritores, unha dirixida ao público adulto e outra dirixida ao público infantil.
A primeira actividade é un coloquio có escritor Manuel Portas entorno á súa novela LOURENÇO XOGRAR. Titulámola DESCUBRINDO LOURENÇO XOGRAR CON MANUEL PORTAS, e forma parte do programa de coloquios con escritores que estamos realizando en colaboración có club de lectura da Pomba do Arco. Será o venres día 10 ás oito e media da tarde.
A novela é unha recreación da vida de Lourenço, un xograr do século XIII cuxa principal ansia é converterse en trobador, status maior dentro da arte poético-musical da época (a de esplendor da lírica galega ou portuguesa). Na primeira parte, imos coñecendo algunhas aventuras de Lourenço; na segunda, o narrador emprega o monólogo de diferentes personaxes que conviven dun ou doutro xeito co xograr para facer un balance da súa vida. O pano de fondo é a disputa polo poder en Portugal entre o rei Sancho II de Borgonha e o seu irmán, Afonso, coñecido como o Bolonhés. A outra paisaxe narrativa é a corte de nobres-guerreiros-artistas de orixe galega e portuguesa que axuntou ao seu redor Afonso, o Sabio.
Coa segunda inauguramos un novo programa de actividades para o público infantil que chamamos FAMILIAS QUE CONTAN. Con él queremos que as familias participen animándose a contar e compartir historias na librería. E unha actividade aberta na que poden participar só un pai ou unha mai, ou xuntos, ou cós seus fillas ou fillos, tamén está aberta para avós e avoas, tíos e tías…. No nome quixemos xogar có doble senso da palabra, as familias contan historias e contos, e as familias, contan moito, teñen un papel fundamental na educación dos máis pequenos e, neste caso, na tarefa de achegalos aos libros e á lectura.
A historia para contar pode ser escollida por eles ou suxerida pola libreira, e preparamos xuntos –familia e libreira- a sesión.
A actividade do sábado é a preimeira desta iniciativa e vamos a desenvolvela con Mar Corbelle e Noa Fernández –nai e filla- que están preparando unha preciosa representación do conto PERDIDO? da editorial Patas de Peixe. Será o sábado día 11 ás cinco e media da tarde.