A Delegación de Cultura lembra que está aberto o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido, que este ano se celebrará o domingo 26 de febreiro.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou que “a novidade este ano é que o festivo local pasouse ao luns, 27 de febreiro. Polo tanto o desfile terá lugar o domingo 26 ás 17:00 horas”.
José Díaz engade que “o desfile sairá, como ven sendo costume, da rúa do Ril”.
O edil socialista engadiu que “todas as persoas interesadas en participar, poden inscribirse na Casa da Xuventude de Burela ata o venres 24. As bases están dispoñibles na páxina web do Concello e na sede electrónica”.