Site icon Crónica3.com A Mariña

2ª nota de prensa sobre as obras da Rúa Grande de Celeiro

Viveiro, 8 de febreiro de 2017. A semana pasada vinme na obriga de aclarar ante os medios de comunicación certas cuestións relativas ás obras da Rúa Grande de Celeiro, despois de que o Partido Popular preguntara no pleno ordinario do día 1 de febreiro cál era a previsión deste concello para levar a cabo estas actuacións.

Entre outras cuestións, expliquei que as obras xa estarían executadas se a Xunta de Galicia concedese a Viveiro a subvención solitada en 2016 ao amparo do Plan Hurbe; ademais, indiquei que este ano se solicitará novamente á Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental, a axuda necesaria para a execución das obras de pavimentación e servizos da Rúa Grande, no tramo comprendido entre a Casa do Forno e o cruce do camiño á Candieira.

Tendo en conta as declaracións realizadas polo voceiro do Grupo Municipal do PP en días pasados, acusando ao equipo de goberno de deixadez e desidia e instando a que as subvencións se soliciten en tempo e forma, pola súa gravidade e falsidade, véxome na obriga, novamente, de retomar o tema e aclarar as seguintes cuestións:

A Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes, en materia de colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións municipais, para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbe no ano 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia o 20 de xuño de 2016.
Na convocatoria establecíase que o prazo para a presentación de solicitudes comezaba o día seguinte ao da súa publicación e que as solicitudes presentadas serían valoradas por orde de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Non se establecía data límite.

O Concello de Viveiro, sen deixadez nin desidia, comenzou a preparar a documentación necesaria (memoria, anteproxecto e proxecto de obra, resume do orzamento, planos, cadros de man de obra, maquinarias e materiais, etc.) e presentou a súa solicitude no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o 8 de xullo de 2016.

Nas declaracións referidas, o Sr. Bouza indica que o crédito se esgotou o 21 de xuño (o mesmo día no que se abría o prazo) e que xa non se valoraron máis solicitudes dende esa data. Resulta, cando menos, curiosa e sorprendente a capacidade dalgúns concellos para preparar toda a documentación necesaria nun só día.

Pola miña parte, só quero deixar claro que Viveiro presentou a solicitude da subvención referida en tempo e forma e que, segundo a información facilitada polo voceiro do grupo municipal do PP, a solicitude non chegou nin siquiera a valorarse, esgotándose o crédito o mesmo día no que se abre o prazo para presentar a solicitudes.

A alcaldesa
María Loureiro García

Exit mobile version